O contacto máis directo coa natureza ofréceo Granada nos seus seis espacios protexidos::
Cunha extensión de case 170.000 hectáreas, este impresionante macizo montañoso foi declarado pola Unesco en 1986 Reserva da Biosfera para protexe-las súas numerosas variedades endémicas de flora e fauna, que converten a Serra Nevada nunha das zonas de maior diversidade biolóxica de Europa. Ademais de esquiar e escalar en xeo durante o inverno, o Parque Nacional ofrece a posibilidade de dar paseos a pé, en bicicleta ou a cabalo por infinitos vieiros. As zonas de menor altitude teñen tamén a protección de Parque Natural.
Ocupa unha superficie de 52.000 hectáreas na parte central da cordilleira Penibética, con cumes que alcanzan os 2.200 metros de altitude. As vivendas trogloditas existentes no monte Jabalcón testemuñan que esta serra estivo habitada xa na prehistoria e posteriormente por iberos, como da fe a Dama de Baza. Os piñeiros de varias especies constitúen a vexetación predominante, aínda que salientables polo seu porte resultan os álamos centenarios que medran xunto ao leito dos ríos que a surcan
A súa proximidade á cidade de Granada convérteo nun lugar de entretemento moi apreciado pola súa poboación. Ten unha extensión de 12.500 hectáreas nas que predomina unha paisaxe de media montaña na que os barrancos e cumes mestúranse con simas, arroios e mananciais. Entre estes últimos destaca o de Pinares de la Alfaguara, preto do municipio de Víznar, dende onde os árabes levaron a auga que abastece os alxibes e canles da Alhambra.
Abarca unha superficie de 12.000 hectáreas e é de topografía moi accidentada, de enormes paredes verticais, salpicada de outeiros e numerosos barrancos, polos que discorren gran cantidade de arroios ata forma-lo río Castril, corazón e centro do Parque. O voitre leonado atopa nos acantilados un hábitat ideal. Preto de alí atópase a Cova de don Fernando, a de maior profundidade e lonxitude da provincia de Granada, con salas e galerías de gran beleza.
Cunha extensión de 40.600 hectáreas constitúe un impresionante macizo montañoso que forma barreira xeográfica entre as provincias de Málaga e Granada. A paisaxe ofrece un abrupto e escarpado relevo con grandes e pronunciadas ladeiras, alternadas coas súas características cristas en diversas ringleiras que, delimitando vales e profundos barrancos, vanse desenvolvendo en liña perpendicular á costa. A fauna máis abundante é a cabra montesa.