Páxina turística oficial da Provincia de Granada Español Inglés Francés Alemán Italiano Padroado Provincial de Turismo de Granada Home Contáctenos

Turismo de Granada

Granada, a 25 de Outubro 2005
Home > Turismo Rural > Aloxamentos turísticos en covas

Aloxamentos turísticos en covas

Os aloxamentos en covas das comarcas de Guadix e O Marquesado, e Baza-Huéscar

O Altiplano, convertéronse nun dos productos turísticos máis atractivos e singulares da provincia de Granada. Na actualidade existen, nas dúas zonas mencionadas e no barrio granadino do Sacromonte, 31 establecementos regrados catalogados como aloxamentos turísticos en covas. Todos eles teñen como denominador común o servicio de calidade, o respecto ao medio ambiente, e a recuperación e conservación dunha das tradicións constructivas e arquitectónicas máis peculiares de Europa.

Escavados nas entrañas da terra, constitúen un magnífico exemplo de integración da obra do home coa natureza e a paisaxe. Cada unha das covas é totalmente diferente as demais. Son, ademais, un magnífico exemplo de adaptación da arquitectura popular ás características do medio físico onde se atopan: terras duras e resecas que, sen ofrecer resistencia a seren escavadas, resultan compactas –polo que non existe perigo de derrubamento– e impermeables –nelas gózase dunha temperatura agradable que se mantén arredor dos 18º– resultando frescas en verán e cálidas en inverno.

Aloxamentos en covas Aloxamentos en covas Aloxamentos en covas

As modernas casas cova ofrecen ao hóspede tódalas comodidades que se lle poden esixir a un aloxamento turístico de calidade e servicios complementarios que as converten en óptimos centros de estadías de vacacións: dende paseos a cabalo a suntuosos baños árabes, pasando por restaurantes de cociña tradicional, completas bibliotecas ou granxas de producción de gando e cultivos ecolóxicos. Por todo isto, se comercializan con magnífica aceptación tanto en mercados nacionais como internacionais.