Páxina turística oficial da Provincia de Granada Español Inglés Francés Alemán Italiano Padroado Provincial de Turismo de Granada Home Contáctenos

Turismo de Granada

Granada, a 25 de Outubro 2005
Home > Turismo Rural > Balnearios e baños árabes

Balnearios e baños árabes

O estrés laboral e a trasfega da vida nas grandes cidades leva cada vez a máis persoas a considerar a posibilidade de destina-las súas vacacións a unha cura de repouso nun balneario.


Estes establecementos deixáronse de imaxinar como lugares só reservados para persoas maiores e convertéronse en destinos de luxo, que ofrecen unha variada oferta de lecer alternativo. Romanos e árabes legaron á provincia termas e baños de tanto prestixio como os de Alhama de Granada,  Graena e Alicún de las Torres; e as propiedades medicinais da auga de Lanjarón son coñecidas en todo o país.

Xunto a estes balnearios tradicionais, nos últimos años abriron na capital granadina varios balnearios de luxo (spa) e centros de tratamento con auga. Así e todo, a oferta máis innovadora e atractiva chegou da man dos modernos baños árabes, dous establecementos existentes na capital que recuperan o gusto pola auga dos antigos poboadores da cidade. Decorados con azulexos e xesarías que imitan os Baños Reais da Alhambra, manteñen a típica estructura destes establecementos, con salas frías, tempadas e quentes. Neles pódese gozar, ademais do relaxante baño, de masaxes e  té mouro con especias.