Granada
ocupa na actualidade unha posición prominente dentro dos destinos
turísticos internacionais.
Esta situación privilexiada
ven sendo posible gracias á diversificación da oferta e ao
desenvolvemento do turismo, sector que foi e é o verdadeiro motor
da economía provincial nos últimos 25 anos.
Este panorama tan favorable acadouse sobre todo gracias á mellora da calidade do destino no seu conxunto, que está producindo un aumento do grao de satisfacción e fidelidade dos turistas que visitan Granada.
O éxito débese tamén ao esforzo realizado na última década polas administracións locais e o empresariado para mellorar as infraestructuras e diversificar a oferta turística. Neste sentido, fomentouse turismo de calidade con iniciativas novas, complementarias ós productos estrela de cada zona turística, coas que se pretende atrae-lo maior número posible de visitantes e aumentar as estadías en hoteis.
Granada atrae a turistas dos cinco continentes, aínda que máis da metade dos visitantes procede do territorio español. A provincia consolidouse nos últimos años coma un destino moi apreciado por británicos, alemáns, franceses, estadounidenses, holandeses e italianos. Xunto con Madrid e Barcelona, Granada é a cidade española preferida polo turista xaponés.
Granada é unha das poucas provincias españolas nas que non se veñen detectando importantes problemas estacionais gracias, en gran medida, á diversidade dos productos turísticos. Nos últimos anos, produciuse unha tendencia progresiva cara á estabilización do número de persoas que visitan Granada independentemente da época do ano.
A capital granadina e en concreto a Alhambra son os destinos da provincia preferidos polos turistas. O monumento Nazarí, un dos máis visitados de Europa, supera cada ano as 2.000.000 visitas. A estación de esquí de Serra Nevada é o segundo motor do sector na provincia, con 1.300.000 visitantes anuais. Séguenlle, con diferentes graos de ocupación ao longo do año, a Costa Tropical, a Alpujarra, as comarcas de Baza e Guadix, e o Poñente Granadino.
A porcentaxe de turistas de renda baixa que visita Granada diminuíu considerablemente nos últimos anos a favor dos visitantes de poder adquisitivo medio, que gastan na provincia uns 72 euros/día (hospedaxe incluído). Os esquiadores de Serra Nevada dobran esta media e o gasto diario dos participantes en congresos e dos que gozan dunha viaxe de incentivos sole chegar aos 300 euros.
O turismo é un dos sectores económicos que máis riqueza e emprego crea na provincia de Granada. Nos últimos anos, o número de visitantes creceu ininterrompidamente por enriba da media española ata chegar aos 5.600.000 turistas anuais. O turismo aporta ao redor do 14% do PIB da provincia. De forma directa, o sector asegura o 15% do emprego. Os ingresos anuais calcúlanse por enriba dos 1.500 millóns de euros.
O Observatorio Turístico do Padroado de Turismo de Granada é unha enquisa que recolle trimestralmente datos sobre a demanda turística, a ocupación hoteleira, o movemento de viaxeiros, as estadías en hoteis, os monumentos máis visitados, o gasto medio de cada visitante e o seu grao de satisfacción, entre outras moitas variables. Foi creado en 1998 polo Padroado para obter un documento fidedigno das fluctuacións turísticas mediante 6.000 enquisas realizadas a usuarios das Oficinas de Información Turísticas (OITs) e na rúa.
Tódolos datos estatísticos contidos neste estudio pódense consultar nos boletíns trimestrais publicados na páxina web do Padroado Provincial de Turismo de Granada.