Granada, a 25 Outubro 2005
A labor do Padroado Provincial de Turismo de Granada
O Padroado Provincial de
Turismo é un órgano dependente do Concello de Granada creado en 1981. Na
actualidade réxese por un obxectivo triple:
- Promover, tanto no ámbito
nacional coma internacional, a rica e variada oferta turística da
provincia e consolidar Granada como destino de vacacións.
- Promover o
desenvolvemento turístico da provincia de Granada para converter o
turismo no motor da súa economía e nunha fonte importante de emprego e
ingresos.
- Fideliza-lo turista que
visita a provincia, ofrecéndolle atención e información profesional para
facer que a súa estancia sexa máis grata e satisfactoria.
O Padroado está gobernado
polo presidente do Concello de Granada e rexen o seu funcionamento o
Consello Rector, o Consello Asesor y os Foros Territoriais e Sectoriais.
Nestes órganos de goberno tamén ten representación a Administración
provincial, así como a Xunta de Andalucía, o empresariado, os sindicatos,
entidades financeiras, concellos da provincia e outras institucións tanto
públicas como privadas vinculadas co sector turístico.
Internamente, o Padroado Provincial de Turismo de Granada
posúe
a seguinte estructura de departamentos e áreas:
- Presidencia
- Vicepresidencia
- Consello de Dirección
- Dirección
- Departamento de Administración
- Departamento de Promoción
- Departamento de Planificación y Desenvolvemento Turístico
- Rede Provincial de Oficinas de Información Turística
Dende a súa constitución, o
Padroado non cesou de divulga-los productos turísticos de Granada entre os
axentes profesionais do sector e os medios de comunicación. Ao mesmo
tempo, animou aos empresarios e políticos da provincia a realizar
actividades que repercutan nunha mellora da oferta turística, dos
servicios e das infraestructuras.
A
finalidade última do Padroado é dar a coñecer os atractivos da provincia
para continuar aumentando de maneira constante o número de visitantes das
distintas comarcas. Para isto, realiza as seguintes actividades de
promoción:
- Asiste ás principais
feiras turísticas nacionais e internacionais.
- Acude ás xornadas máis
importantes nacionais e internacionais organizadas polas empresas
públicas Turespaña e Turismo Andaluz.
- Organiza actividades de
promoción propias tanto no territorio español como en países europeos.
- Organiza actuacións
profesionais no destino Granada con axentes de viaxes e xornalistas, co
fin de que coñezan o producto turístico ‘in situ’.
- Recibe as viaxes de
familiarización que realizan axentes de viaxe e xornalistas a Granada a
través das distintas Oficinas Españolas de Turismo (OET) repartidas polo
mundo.
Outro dos
obxectivos que moven ao Padroado é o desenvolvemento turístico dos
municipios e comarcas. Con este fin, ofrece e realiza:
- Estudios estadísticos e de mercado
- Asesoramento profesional a emprendedores turísticos
- Plans de viabilidade para empresarios e concellos
- Cursos de formación turística
- Apoio xurídico
Área de Comunicación
A función da área de comunicación do Patronato é promover a presenza de Granada nos medios de comunicación nacionais e internacionais, así como recibir aos xornalistas e profesionais do sector que visitan a provincia, e prporcionarlles a información que precisen
Para este último fin a Área de Comnucación pon a disposición dos medios:
- Información escrita en varias linguas sobre os destinos turísticos da provincia
- Un completo arquivo fotográfico dixitalizado
- Imaxes de vídeo en formato profesional
- Unha extensa recopilación de artículos sobre Granada aparecidos na prensa
- Datos estatísticos sobre a evolución do sector turístico