Páxina turística oficial da Provincia de Granada Español Inglés Francés Alemán Italiano Padroado Provincial de Turismo de Granada Home Contáctenos

Turismo de Granada

Granada, a 25 de Outubro 2005
Home > Gastronomía > Caviar beluga de Riofrío

Caviar beluga de Riofrío

A piscifactoría granadina Serra Nevada, situada en Riofrío, conseguiu cria-la maior poboación do mundo de esturións en catividade, uns 400.000 exemplares de Acipenser Nacarii, unha especie en perigo de extinción cuxas femias gardan nas súas entrañas a mellor calidade de caviar: o beluga. En 2004, a piscifactoría Serra Nevada comercializou 1.400 quilos de ovas, dos que un 40% foron exportadas a Francia, Italia, Portugal, Alemania e aos Estados Unidos a 1.600 euros o quilogramo. En 2005, a firma conseguiu outros dous fitos importantes: distribuí-los seus productos nos supermercados de El Corte Inglés e entrar no esixente mercado xaponés. Así mesmo en 2006, a firma granadina porá en venda 6.000 quilogramos de caviar beluga de producción totalmente ecolóxica.

A partires das troitas e esturións que cría, a piscifactoría elabora tamén productos como afumados, marinados, cremas e patés. Todos estes, xunto ás distintas calidades de caviar, se poden degustar na maioría dos doce restaurantes que hai en Riofrío. Esta pequena vila de Loja converteuse nos últimos anos nun dos referentes da gastronomía granadina.