A provincia de Granada é un lugar inesquecible que hai que visitar polo menos unha vez na vida. Esta é a opinión maioritaria dos lectores de dous dos xornais más influentes do mundo: o británico ‘The Independent’ e o español ‘El País’, que reflexa a forza e atracción de Granada como referente turístico mundial. ‘The Independent’ publicou o 25 de novembro do 2002 unha reportaxe titulada ‘The world according to you’, na que plasmaba os resultados dunha enquisa realizada entre os seus lectores na que preguntaba qué lugares do mundo consideraban imprescindible visitar antes de morrer. Granada foi o terceiro destino, só superado por Venecia e Praga. A Alhambra ocupou o quinto posto nos monumentos, despois de Petra, Machu Pichu, a Gran Muralla e o Taj Mahal. Noutra enquisa similar, os lectores de ‘El País’ estableceron en 2004 a Alhambra como o seu monumento español predilecto (co 17,62% dos votos) e Granada como a segunda cidade española máis desexada, só superada por Barcelona.