As festas constitúen outra cita ineludible coas tradicións e a cultura.
A
Semana Santa de Granada está catalogada como de Interese Turístico
Nacional; no Día da Cruz (3 de maio) a cidade engalánase con cruces de
flores nas prazas máis importantes; no Corpus, a capital vive a súa
semana maior; o 2 de Xaneiro recorda, non sen polémica, a Toma da cidade
por parte dos Reis Católicos; e o último domingo de setembro a capital
leva á súa patroa, a Virxe das Angustias, en procesión arredor dun
tradicional mercado de postos ambulantes de froitos de outono.
Na provincia, ademais da interesante Semana Santa na maioría dos municipios, destacan as seguintes festas pola súa tradición, pola gran cantidade de xente que congregan ou polo insólito das súas celebracións: