Páxina turística oficial da Provincia de Granada Español Inglés Francés Alemán Italiano Padroado Provincial de Turismo de Granada Home Contáctenos

Turismo de Granada

Granada, a 25 de Outubro 2005
Home > Artesanía e festas > Artesanía

Artesanía

Granada expresa na súa artesanía o que hoxe perdura da asimilación dos oficios legados polas diferentes culturas que se asentaron nesta provincia: fenicios, iberos, romanos e, especialmente, musulmáns. Nas comarcas da provincia aínda hai un bo número de talleres que manteñen viva a tradición de antigos oficios:

Taracea

TaraceaLabor de ebanistería luxosa e detallista que consiste en decorar mobles, caixas ou calquera obxecto con debuxos xeométricos formados con centenares de minúsculos anacos de oso, prata, e madeiras nobres.




Cerámica de Fajalauza

Cerámica de FajalauzaTen a súa orixe na época nazarí e as pezas son vidradas e decoradas con motivos vexetais e animais en tons verdes e azuis sobre fondo branco. Ademais deste tipo de cerámica, perdura a elaboración de azulexos con formas xeométricas inspirados nos que recobren as salas da Alhambra, e a fabricación de vasos e ánforas, tamén con reminiscencias nazarís.

Luthiers

LuthiersEn Granada e Madrid enclávanse as dúas principais escolas de España de fabricantes de instrumentos musicais. Na provincia hai máis de 25 constructores de guitarras, tanto para concerto clásico coma de flamenco.




Farois

FaroisO farol granadino, de evidente raíz árabe, elabórase con lata e cristais de diferentes cores.


Outras labores que aínda perduran na provincia son a olería en Guadix, a forxa e caldeirería en Granada, os bordados e mantillas, as mantas e alfombras del la de moitas cores coñecidas como “jarapas alpujarreñas”, e os arreos.